Setembro 2010

  • “Camiño de emprego”, 10 novos cursos dirixidos a desempregados

    CIMG3135.JPG

    O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Formación Laboral e Emprego, Jose Luis Suárez, inauguraron na Nave de Formación “Irmáns Froilaz” (A Gándara) o programa de formación “Camiño de emprego”; que desenvolverá o Concello de Narón en colaboración coa Fundación Caixa Galicia nos vindeiros 3 meses.

     
  • Xa contamos cun rexistro municipal de bicicletas en Narón

    bici.jpg

    Esta iniciativa partiu do equipo de Educación Vial e vainos permitir rexistrar as nosas bicibletas como se tiveran a súa propia matrícula para telas localizadas evitando roubos ou extravíos.

     
  • Un novo local Social Multiusos do Alto

    xadrez.jpg

    O Concello de Narón inagurou o novo local social multiusos do Alto. Trátase dun local municipal que antigamente acolleu a Escola Unitaria de Domirón e foi desafectada pola Consellería de Educación no ano 2008. A partir dese momento o Concello de Narón asumíu a súa reforma e posta en valor.

     
  • Un novo parque biosaludable no entorno do río Xuvia

    parque.JPG

    O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Servizos, Pablo Mauriz, inauguraron o noveno parque biosaludable do municipio, situado no paseo marítimo de Xuvia (frente ao Colexio Ponte de Xuvia).

    Esta nova instalación consta dos seguintes elementos de xogo: volante de flexibilidade, elementos de xiros de cintura, bicicleta estática, banco de abdominales, corredor aéreo, e bicicleta elíptica.

     
  • Narón en bici saúde para nós e o noso entorno

    nata.jpg

    O día da Bici foi un rotundo éxito en Narón e ano tras ano aumenta o número de participantes nesta iniciativa que incide na necesidade de adoptar outros medios de transporte polos beneficios que aportan para a nosa saúde como para o noso entorno medioambiental.

    A Concelleira de Deportes e Participación Cidadá Natalia Hermida, patrocinadora da iniciativa, amosouse moi satisfeita pola altísima participación nesta convocatoria, chegando a rondar os 2.000 participantes no Día da Bicicleta de Narón.

     
  • Narón en bici saúde para nós e o noso entorno

    CIMG3021.JPG

    O día da Bici foi un rotundo éxito en Narón e ano tras ano aumenta o número de participantes nesta iniciativa que incide na necesidade de adoptar outros medios de transporte polos beneficios que aportan para a nosa saúde como para o noso entorno medioambiental.

    A Concelleira de Deportes e Participación Cidadá Natalia Hermida, patrocinadora desta iniciativa,  amosouse moi satisfeita pola altísima participación nesta convocatoria, chegando a rondar os 2.000 participantes no Día da Bicicleta de Narón.

     
  • "Historias peregrinas" preséntase no pazo da Cultura de Narón

    historias.jpg

    O Pazo da Cultura de Narón acollerá hoxe o estreno da obra “Historias peregrinas” da compañía Teatro do Noroeste, que porá en escea este espectáculo o venres ás 20:30 horas e o sábado ás 20:00 horas. O prezo das entradas é de 8 euros para o público en xeral, e ten unha duración de 90 minutos.

    Dirixida a maiores de 14 anos, esta obra é unha comedia sobre as apariencias, protagonizada por unha delicada galería de personaxes que falan da vida con sinxeleza e sentido do humor.

     
  • Campionato de Atletismo por clubes nas categorías junior e cadete

    atletismo.JPG

    A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, presentaron hoxe en rolda de prensa o Campionato Galego de Atletismo, que se celebrará no Estadio Municipal de Río Seco o vindeiro 25 de setembro. Na convocatoria tamén participaron Ramiro Couce e María Romero, directivo e presidenta do Clube de Atletismo Sierra de Narón.

     
  • Do berce á rúa. Medra coa língua

    berce.gif

    O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón ven de presentar a campaña “Do berce á rúa. Medra coa língua”, pensada para fomentar o uso da língua galega entre os nenos/as de 0 a 3 anos de idade. Para iso, trátase de promover o uso do galego entre os seus pais e nais, e educadores/as, como idioma de comunicación habitual.

     
  • Internet para todo o rural de Narón

    rede.JPG

    O Concello de Narón está a ultimar o desplegue tecnolóxico en Narón, posto en marcha nesta lexislatura coa intención de achegar as novas tecnoloxías e o acceso a Internet a toda a poboación do municipio.

     
  • "Casting" obra teatral de Lagarta Lagarta no Pazo da Cultura de Narón

    lagarta_lagarta.jpg

    O Pazo da Cultura de Narón acollerá este fin de semana a estrea da obra teatral “Casting (a comedia)” da compañía Lagarta Lagarta. Temos a funcion para este sábado día 18 (ás 20:00 horas), e as entradas poderán mercarse nas taquillas do Pazo ó prezo de 8 euros. A obra ten unha duración de 1 hora e 40 minutos, e está recomendada para maiores de 14 anos.

     
  • Aberto o prazo de inscrición na Escola de Música Moderna

    escola.jpg

    A Concelleira de Mocidade Natalia Hermida abríu, hoxe día 16 de setembro, o prazo de inscrición na Escola de Música Moderna da Concellería de Mocidade de Narón. Os que o desexen poderán anotarse ás escolas de música nas modalidades de guitarra, batería e baixo; así como para as aulas de ensaio.

    Os destinatarios son mozos/as de 12 a 30 anos empadroados en Narón, no caso das clases de música. Para as aulas de ensaio deberán ser grupos de música que teñan como mínimo un membro de Narón. Os prezos, tanto das clases como dos locais de ensaio son de 7,6 euros mensuais.

     
  • Bono-bus para as viaxes dende Narón á Universidade da Coruña

    bus.jpg

    Ábrese o prazo para solicitar o bono-bus para as viaxes dos naroneses e naronesas á Universidade da Coruña.

     
  • A piscina climatizada da Gandara abre para baños libres

    nat.jpg

    A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, informou que o Concello de Narón abrirá a piscina cuberta climatizada  do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara o vindeiro luns 13 de setembro, para a actividade de baño libre.

     
  • Aulas de informática na zona rural do Concello de Narón

    ordenadores.jpg

    Esta iniciativa busca achegar as novas tecnoloxías as diferentes asociacións do Concello de Narón nas zonas rurais. Para logralo habilitarase unha aula en cada asociación, dotada de 10 ordenadores portátiles e unha impresora.

    O Concello de Narón e as entidades sociais da zona rural (das parroquias de Doso, A Pombiña, O Val, San Mateo, Sedes, Castro e San Xiao) asinaron  un convenio de colaboración para a organización de aulas de informática e cesión gratuita de equipos informáticos para o mesmo fin.

     
  • Axudas para a matrícula nun Máster ou nun Título propio

    becas.jpg

    O Ministerio de Educación convoca axudas para a matrícula nun Máster, destinadas a titulados universitarios en situación laboral de desemprego, para o curso 2010-2011. Así mesmo convócanse axudas para financiar os gastos derivados da matrícula nun título propio de máster realizado durante o curso 2010-2011 nunha universidade pública.

    As axudas van dirixidas a titulados universitarios en situación laboral de desemprego, que se encontren inscritos como demandantes de emprego e estean a percibir ou percibisen durante o ano 2010 a correspondente prestación económica por desemprego.

     
  • Mergúllate en San Simón

    buceo.jpg

    Este programa de actividades consiste en cursos de iniciación ao mergullo sen bombona, a desenvolver durante dous días, coincidentes coa fin de semana, durante o período de outono do ano 2010, para xente moza de 18 a 35 anos.

    Os interesados e interesadas neste programa poderán facer a reserva de praza a través de chamada telefónica, a partir do día 7 de setembro do 2010, nos seguintes números de teléfono, en horario das 9:00 ás 14:00 h de luns a venres: 981 545937 – 981 541689- 981 541688 e 981 545822

     
  • Concurso de monólogos en lingua galega

    que me dis.jpg

    Preparados para participar no concurso Que me dis?. Esta inciativa do Servizos de Normalización Lingüística do Concello de Narón promove a través dos monólogos o uso do galego.

    As propostas, que se poderán enviar ata o próximo 6 de outubro, deberán remitirse en formato electrónico a través do formulario habilitado na páxina web do concello (www.naron.es).

    Os monólogos serán de temática libre pero sen conter linguaxe ofensiva nen fomentar ningún tipo de discriminación, deberán grabarse en vídeo o audio en calquera dos seus formatos.

     
  • O CPEIG premia con 1.000 euros o mellor proxecto TIC de fin de carreira

    info.png

    O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) está apoiando aos novos profesionais das redes e as ferramentas do coñecemento de Galicia. O obxectivo é mellorar a profesión mesma por iso organizan o Premio Proxecto Fin de Carreira que vén de convocarse para estudantes de Enxeñaría en Informática que desenvolveran os seus estudos en Galicia nos últimos dous anos (2009 ou 2010).

     
xunta de galicia consellera de traballo e benestar