Agosto 2010
Admisión a Ciclos Formativos de Formación Profesional
Do 1 ao 13 de setembro estará aberto o prazo extraordinario de presentación de solicitudes aos ciclos formativos de Formación Profesional.
Na web da Consellería de Educación, www.edu.xunta.es/fp, están dispoñible a a listaxe de ciclos formativos de grao medio con matrícula liberada. Calquera persoa que cumpra os requisitos de acceso aos ciclos formativos pódese matricular nos ciclos formativos con matrícula liberada.Máis información en http://www.edu.xunta.es/fp/admisionCM.htm
II Campus Musical 2010 da Federación Galega de Bandas de Música Populares
O campus terá lugar dende o 30 de agosto ata o 5 de setembro no Auditorio de Galicia e no Colexio Vite I, situados na Avenida do Burgo das Nacións, en Santiago de Compostela.
Como atopar os billetes de avión máis baratos?
Seguro que adicaches moitas horas a buscar os mellores prezos para voar, consultando páxinas web e visitando axencias de viaxe. Dous economistas Makoto Watanabe e Marc Möller adicaron o seu tempo a razoar e calcular unha fórmula matemática que nos permita reservar e conseguir a viaxe máis barata. Segundo publicaron, teñen a fórmula que permite atopar a data máis económica para viaxar onde desexamos: BA = gUG + min(k - g, (1 - g)(1 - r)).
Normas de comportamento na Internet
Internet, como canle de comunicación que é, está suxeito a unha serie de regras e normas de corrección que nos permiten o intercambio de ideas e información có resto de usuarios. Neste apartado aprenderemos cales son os criterios máis importantes e os comportamentos que debemos evitar na nosa interacción pola Rede.
A protección dos nosos datos persoais
Seguro que nalgunha ocasión recibiches unha chamada inesperada con información comercial ou un volume de correo electrónicos indesexados con información comercial. Coñeces os teus dereitos?, neste artigo imos informarte sobre os dereitos que temos como consumidores.
A Publicidade e a prospección comercial
Os nosos profes co galego
Durante este verán xurdiu unha nova iniciativa a prol do galego nas redes sociais. Trátase do grupo do Facebook "profes co galego"unha iniciativa encamiñada a defender que o noso idioma siga sendo utilizado nas asignaturas de ciencias como as matemáticas, tecnoloxía, física e química e outras materias, tanto en primaria como en secundaria.
Recursos para deixar de fumar
Se levas tempo pensando en deixar de fumar e necesitas unha man, revisa os recursos que che poñemos a túa disposición seguro que che axudan. Trátanse de recursos gratuítos en Internet e libros.
Gratuitos
Un martes de lectura cos Bolechas
Na Biblioteca municipal de Naron atoparedes a maior parte da serie de literatura infantil "Os Bolechas".
Nos ultimos anos son os protagonistas da máis nutrida serie da nosa literatura infantil. Contan cunha lexión de seguidores entre os máis pequenos sen teren máis soporte que o libro ilustrado. Cada vez tocan máis ámbitos e visitan máis lugares da nosa xeografía. Ata comezan a ter, cousa rara no noso país, os seus propios obxectos de mercadotecnia asociados.
As escolas do Padroado de cultura de Naron
O Padroado da cultura do Concello de Naron, no seu labor de traballar pola cultura, ten en funcionamento Escolas de: Danza Tradicional (Infantil e Adultos), Gaita (Infantil e Adultos), Percusión Tradicional Galega (Infantil e Adultos), Pandeireta e Cantareiras (Infantil e Adultos), Teatro (Infantil e Adultos) e tamén Escola de Formación de Actores e Actrices (Adultos), Debuxo (Infantil), Construción de Instrumentos de Percusión Tradicional Galega (Adultos), Zanfona (Infantil e Adultos), Baile de Salón, etc.
Un xeado, bo proveito!!
Se falamos dun alimento apetitoso, doce, de verán e non é unha lambetada senón algo máis substancioso, falamos do xeado, un pouco a remolque da alimentación sa porque se dicía que "engorda e non alimenta".
Non obstante non hai alimentos bos nin malos, senón máis ben dietas equilibradas ou desequilibradas, de aí que o importante está en integralos de xeito adecuado no que comemos diariamente.
Achegámonos ao mundo dos Cómics
Durante estes días de agosto, en concreto do 9 ao 15, temos a oportunidade de adentrarnos no mundo dos comics grazas ao proxecto "Viñetas desde o Atlántico".
A realidade das marcas blancas
A web marcasblancas.wikispaces.com é un espazo colaborativo e aberto na web, en beneficio de todos os consumidores, onde podemos coñecer en profundidade os datos de moitos dos produtos que consumimos.
Axudas para a mocidade en materia de vivenda
Na web de Dameuntoke tedes unha sección específica sobre as axudas en materia de vivenda (compra e alugueiro) para a mocidade. Aínda así imos facer un resumo do principais puntos a ter en conta.
Vivendas en aluguer
Se queres alugar unha vivenda debes ter en conta as normas contidas na Lei 29/1994, de 24 de novembro de Aluguer Urbanos.
Á hora de subscribir un contrato de aluguer deberás ter en conta que:
O céntimo do escudo de Isabel II da fábrica de moeda de Xuvia
A fábrica de Xubia establecérase como fundición de cobre en 1790. Tiña como finalidade elaborar planchas de cobre para os buques da Armada. Ao longo da guerra do francés, a comezos do século XIX en Xuvia empézase a fábricar moeda, dado que a fábrica de Segovia permanecía en poder de Napoléon Bonaparte. A ceca de Xuvia deixará de acuñar moeda en 1868.
Unha semaniña de aventura e deporte no encoro das Cunchas
O Albergue de Muíños (Ourense) acollerá durante o mes de agosto a un cento de mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, distribuídas en catro quendas de seis días (de luns a sábado), que participarán nunha actividade de aventura e deporte.
O prezo da estancia é de 80 euros (60 co carné Xove) e inclúe aloxamento, pensión completa e a participación nas actividades programadas.
O albergue está situado no Complexo Turístico de O Corgo, nas beiras do encoro de As Cunchas, en pleno Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.















Concello de Narón