Xuño 2010

  • Como constituir unha empresa

    Información do Bic Galicia

    Unha boa información tanto das posibilidades de mercado e dos pasos que son necesarios para constituír unha empresa son claves para o éxito dun proxecto empresarial. Se queres montar unha empresa, podes obter axuda en BIC GALICIA, unha entidade que dispón de información e asesoría para fomentar e facilitar a actividade emprendedora e xerar emprego.

    O BIC Galicia ofréceche:

     
  • Curso de iniciación ao remo

    Clube de remo de Narón

    Se queres aprender a remar, poñerte en forma, coñecer xente e coñecer mellor a ría, apúntate ao Clube de Remo de Narón.

    Durante os meses de xullo e agosto, os luns, mércores e xoves de 10:30 a 12:30 realizarase un curso de iniciación ao remo.

    Para contactar co Clube de Remo de Narón achégate as sús instalacións na Avenida do Mar (A Gándara) e terás a oportunidade de practicar este deporte.

    Para máis información chama ao 680 218 161

     
  • Lamatumbá actuará mañá en Pedroso dentro dos concertos do Festival da Terra e da Lingua

    Concerto de Lamatumba en Narón

    O Festival da Terra e da Lingua, que terá lugar hoxe e mañá na área recreativa de Pedroso, celebra este ano a súa décima edición cun programa no que destacan as actuacións musicais e as conferencias sobre o futuro do galego.

    Os actos comezarán hoxe ás dez da noite cos concertos de música tradicional de grupos da comarca. BOJ, Maghúa e Estimaba que viñeras ofrecerán ritmos de folk galegos e algúns toques de Blues. Prevese que a zona de acampada comece a encherse desde primeira hora da mañá.

     
  • Feira das Enerxías Limpas e a Construcción Bioclimática

    Feira das Enerxías Limpas e a Construcción Bioclimática

    O recinto feiral do Trece, en Sedes, acollerá os días 26 e 27 de xuño a primeira Feira das Enerxías Limpas e a Construcción Bioclimática, organizada polas Concellerías de Feiras e Mercados, e Medioambiente de Narón respectivamente. Os seus titulares, Mª del Mar Gómez e Manuel Ramos, presentarono evento, acompañados por Alberto Casal, xerente da empresa organizadora.

     
  • Formación sobre plans de empresa e microcréditos

    Formación sobre plans de empresa e microcréditos

    Obra Social Caixa Galicia e o Concello de Narón ofrecen o curso gratuíto “Como elaborar un plan de empresa”, con contidos prácticos relacionados coa creación de empresas e dirixido a persoas cunha idea de negocio ou que estean valorando a posibilidade de iniciar unha actividade de autoemprego e queiran valorar a súa viabilidade.

     
  • I proba do Campionato galego de Motonáutica

    I proba do Campionato galego de Motonáutica

    Aproveitando a fermosa ría que temos o Concello de Narón está a organizar a I proba do Campionato galego de Motonáutica Cidade de Narón.

    Esta proba está organizada en colaboración pola Federación Galega de Motonáutica e o Concello de Narón e celebrarase o 26 de xuño no Paseo Marítimo de Xuvia entre as 15:00 horas e as 18:00 horas.

     
  • Palmira e Marcial, odisea medioambiental

    Segundo número de Palmira e Marcial, odisea medioambiental

    Xa está na rede o segundo número de Palmira e Marcial, odisea medioambiental. Na web do Proxecto Climántica de educación ambiental está dispoñible o segundo volume íntegro da serie Palmira e Marcial.

    Este proxecto, con debuxo e guión de Fran Bueno, conta co apoio de Francisco Sóñora no argumento e idea orixinal e coa asesoría técnica de José Lires. O volume de quince páxinas continúa a revisión das causas do cambio climático a través do tempo.

     
  • Festivais de cinema en Galicia

    Festivais de cinema en Galicia

    Galicia conta cun bo número de festivais de cinema, en Dameuntoke facémosche un resumo dos principais para desfrutar durante todo o ano.

    O Festival Internacional de Animación Online Animacam ábrese á participación de internautas, creadores e produtores de debuxos animados de todo o mundo, xa que todos eles teñen en Animacam cabida, voz e voto, xa sexa na sección oficial competindo con películas, ou nas secciones paralelas.

     
  • IV Semana de Golf ‘Cidade de Narón’

    golf1.jpg

    A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, o presidente do clube Campomar, Luis Sierra, e a xerente do clube, Noelia Couce, presentaron  a IV Semana de Golf ‘Cidade de Narón’ que se desenvolve do 18 ao 27 de xuño no Campo de Golf de O Val. Trátase dun evento co cal se agarda atraer a numerosa xente ás instalacións do clube Campomar, que na actualidade contan cunha cifra aproximada de 390 socios.

     
  • Cursos de condución eficiente de turismos

    Cursos de condución eficiente de turismos

    E para os maiores existe a posibilidade de realizar cursos de condución eficiente de turismos que aseguren unha conducción máis eficaz e segura.

     
  • A educación vial materia de prácticas en Narón

    Educación viaria en Narón

    A partir de agora a educación viaria é para os centros educativos de Narón unha materia tan importante como as matemáticas ou a lingua. Así quedou claro onte na firma dun convenio de colaboración entre o Concello e dez colexios públicos e concertados do municipio. En concreto, trátase da Solaina, Ayala, Virxe do Mar, A Gándara, Piñeiros, Santiago Apóstolo, Jorge Juan, O Feal, Ponche de Xuvia e o Colexio Rural Agrupado.

     
  • Colonias de verán en Narón 2010

    Imaxe de Aldeanova

    As colonias de verán de Narón están dirixidas a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 14 anos e este ano celebraranse na área recreativa medioambiental río Xuvia-Pedroso e no P.T.I.D.R. AldeaNova

    Nestas colonias realizaranse actividades medioambientais, xogos populares, roteiros, obradoiros etnográficos, xogos predeportivos, contacontos, actividades de agro e gandeiría, etc.

    Hai 120 prazas divididas en quendas de 40 participantes. As quendas son as seguintes:

     
  • Concurso de fotografía turística Galicia, como a ves?

    Concurso fotografico, Galicia como a ves?

    Todos os afeccionados que queiran dar a coñecer Galicia a través das súas fotografías poderán participar, ata o 15 de xuño, no concurso Galicia... como a ves?

    As fotografías gañadoras neste certame servirán de referencia para a realización da creatividade dunha campaña turística que se desenvolverá entre os meses de xullo e agosto para promocionar o destino turístico de forma xeral entre os visitantes que se acheguen a Galicia, co obxectivo de
    convidalos a descubrir ao noso país.

     
  • Quentando motores para a 23 edición do rallye de Narón

    23 edición do rallye de Narón

    O 23º rallye de Narón celebrarase os días 11, 12 e 13 de Xuño e contará coa participación de 131 pilotos. Nesta ocasión o recorrido discurrirá polos municipios de Cerdido, Moeche, San Sadurniño, As Somozas, A Capela e Narón cun total de 371,300 kilómetros. 90 deles corresponden a 8 tramos cronometrados por estradas asfaltadas pechadas ao tráfico.

     
  • No mes de xullo podes doar sangue en Narón

    Campaña de doazón de sangue en Narón

    O Centro de Transfusión de Sangue de Galicia levará a cabo durante este mes de xuño unha campaña de doazón de sangue no municipio de Narón. O obxectivo es aumentar a cifra de doazóns que durante o ano 2009 víuse reducida nun 9% respecto ó ano anterior.

     
  • Clases de golf no colexio Santiago Apostol de Narón

    golf1.jpg

    O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, visitaron o Campo de Golf “Campomar”, no Val, para compartir unha clase sobre este deporte dirixida a alumnos/as do colexio Santiago Apostol.

     
  • Programa dos Encontros Locais de Mocidade de Narón 2010

    Encontros locais de Mocidade de Narón 2010

    Un ano máis aproxímase a data do Encontro Local de Mocidade de Narón, unha ocasión estupenda para compartir experiencias, aprender novas actividades, coñecer a outros colegas...

    Este ano o Encontro celebrarase o sábado 5 de xuño nas inmediación da Casa da Mocidade (Pavilón de deportes da casa da Mocidade e Skatepark). En Dameuntoke adiantámosvos a programación prevista:

    Cronograma das actividades

     
xunta de galicia consellera de traballo e benestar