Maio 2010
Un trivial galego a través da rede
Tes ganas de xogar nun trivial galego?, Porque non participar no trivial.gz, unha iniciativa da Asociación Socio-Pedagóxica Galega que xa conta con máis de 6616 preguntas e máis ten 6598 usuarios/usarias rexistrados.
A través deste xogo virtual pensado para a mocidade ademais de pasalo ben xogando coñecerás a nosa literatura, a nosa historia, a nosa xeografía e a nós mesm@s.
Anímate e participa!!
Acceso ao Trivial.gz
Proxecto Bivir: a literatura universal no noso idioma
O proxecto Bivir é unha iniciativa da Asociación de Traductores Galegos que nos ofrece un bo número de obras traducidas ao galego da literatura universal.
No seu portal web encontramos a posibilidade de descargar as obras de autores coma Hans Christian Andersen, Marcel Aymé, Ambrose Bierce, Mikhail Bulgakov, René Caillié, Marco Tulio Cicerón, Alexandre Dumas, Gustave Flaubert...
7ª edición dos Xogos Solidarios
O Concello de Narón e a ONG Lena presentan a 7ª edición dos Xogos Solidarios que se levarán a cabo na Praza de Galicia. A 7ª edición delebraráse o vindeiro sábado 29 de maio a partires das 16:00 horas na Praza de Galicia (en caso de choiva, trasladaránse á Casa da Mocidade).
Para participar tan só é necesario inscribirse esa mesma tarde nunha mesa que se habilitará na propia praza. Ao rematar os xogos, os nenos/as recibirán unha merenda e unha camiseta da ONG Lena.
Bolsas Talento Caixanova 2010
Poderán optar ás bolsas aqueles candidatos que demostren unha alta motivación por desenvolver os seus coñecementos e habilidades, en definitiva, o seu talento, nunha empresa como Caixanova, e que se encontren nas seguintes condicións:
01. Mozos menores de 26 anos, que posúan preferentemente as seguintes títulaciones univesitarias superiores: Ciencias Económicas, Administración e Dirección de Empresas, Dereito e Dereito Económico, Ciencias Empresariais e Enxeñarías de todas as ramas.
Xira galega de Karting
A Xira Galega de Karting é unha iniciativa que pretende achegar o deporte do automobilismo a 9 cidades e vilas de toda Galicia. Se queres emular aos teus ídolos da Fórmula 1, esta pode ser unha boa oportunidade.
A Xira Galega de Karting está composta por dúas categorías de karts, para nenos e adultos. As voltas son todas cronometradas. Os horarios para grupos escolares son de 10 a 14 horas os xoves e venres.
O equipo alevín do "Cidade de Narón" gaña o campionato de Futbol Sala na súa categoría (12 anos)
Moitas felicitacións aos nosos campións. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, ofreceron onte no Concello unha recepción institucional ao equipo alevín de fútbol sala ‘Cidade de Narón’ por gañar o Campionato Galego de Fútbol Sala na súa categoría (12 anos).
Os rapaces acudiron cos seus pais e nais á recepción, e estiveron acompañados polos seus entrenadores (Abel Muiño e Tina Piñón) e polo presidente do Clube, Miguel Rodríguez Aneiros.
Escolares de Narón recibirán Clases de Golf no Clube Campomar en O Val
A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de informar do inicio do programa de deporte escolar que nesta ocasión céntrase na práctica do Golf, nas instalacións do Clube de Golf Campomar (O Val).
Maña venres representarase no Pazo da Cultura de Narón "Europaz"
O Pazo da Cultura de Narón acollerá mañá a partir das 20:30 horas a obra de teatro “Europaz” protagonizada por un grupo de internas do antigo penal de Yeserías (Madrid). Trátase da estrea teatral desta obra, que logo estará de xira pola comunidade galega onde visitará as cidades de Santiago, A Coruña e Vigo e tamén representará a obra nas cárceres galegas.
O prezo das entradas é o habitual: 8 euros para público en xeral, 4€ para usuarios do carné xove e maiores de 65 anos, e os abonados terán entrada de balde.
Quinta concentración de motos Cidade de Narón
Se a climatoloxía o permite, esperamos superar as cifras de hai dous anos, explicaba Santiago Galego, presidente do club moteiro Fojeteiros, en relación ás previsións de asistencia á que será a quinta concentración Cidade de Narón, que se celebrará entre os días 4 e 6 de xuño no paseo de Xuvia.
Campaña de recollida de alimentos a favor dos refuxiados Saharauis en Narón
Os alimentos poden depositarse nos locais municipais de Narón ata o dia 27 de maio. Esta iniciativa enmárcase no acordo de colaboración entre a
Concellería de Participación Cidadá de Narón, dirixida por Natalia Hermida coa asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, no proxecto Caravana pola Paz.A Caravana pola Paz trátase dunha iniciativa de axuda aos refuxiados saharauis, segundo a cal se lles enviarán alimentos de primeira necesidade que non sexan perecederos, co fin de facilitar a súa conservación.
O recinto feiral do Trece acolle este domingo o 2º torneo de caza nas modalidades San Huberto e rastro de Xabarín Atraillado
A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa dous eventos deportivos que se celebrarán nesta fin de semana. Trátase do 2º Torneo Cidade de Narón de Caza, nas modalidades San Huberto e Rastro de Xabarín Atraillado, e a 16ª edición do Campionato de Pesca Cidade de Narón.
O galego o noso existir
O próximo 17 de maio, día das letras galegas, celebrarase unha manifestación na defensa do noso idioma. Como dixera o poeta Uxio Novoneyra, escritor homenaxeado este ano, "a forza do noso amor non pode ser inútil".
A manifestación convocada pola plataforma "Queremos Galego", que agrupa a máis de 700 asociacións, sairá ás 12:00 da maná da alameda de Santiago de Compostela.
Prácticas na Axencia Europea de Medicamentos
A Axencia Europea de Medicamentos organiza períodos de prácticas dúas veces ao ano para mozos licenciados universitarios.
O programa pretende dar aos participantes unha comprensión da Axencia e o seu papel dentro das actividades da Unión Europea. Tamén lles permite adquirir os coñecementos prácticos, nunha das unidades da EMEA e obter experiencia profesional no exercicio da súa profesión.
Formación de subvención
A Axencia paga unha bolsa de subsistencia de 1250 libras esterlinas netas por mes e paga un subsidio de transporte.
A Biblioteca do CPI do Feal acolle unha exposición sobre o Exipto dos Faraóns
A Biblioteca do Colexio Público Integrado (CPI) de O Feal está reconvertida nun lugar adicado ao Exipto dos Faraóns. Esta transformación foi realizada por alumnos/as e mestres de Educación Infantil e Primaria do centro, para darlles a coñecer esta cultura e fomentar o gusto pola lectura.
Mostra de cinema en Super 8 na antiga cadea da Coruña
A Mostra de Cinema Periférico desenvolverase do 3 ao 6 de xuño nun contorno moi especial, a antiga cadea da Coruña que se estrea como recinto cultural e se acondicionará como sala de proxección e albergue de distintas performances.
O cinama en Super 8 naceu para o mercado doméstico, para que os afeccionados captasen as súas celebracións familiares pero pronto quedou en desuso ata que caeu na man de cineastas e videoartistas que buscaban unha estética diferente ao vídeo.
Igualdade e Narón
Igualdade e Narón é unha iniciativa do Concello de Narón para dar a coñecer todas as actividades e información relacionada coa igualdade entre homes e mulleres. Non o dubides accede á web http://igualdade.naron.es e atoparás información como o foro de cidadás, servicios e recursos sobre esta temática, publicacións, asociacións ou información sobre axudas ou outro tipo de actividades relacionadas.
Na web atoparás amplia información sobre como solicitar axudas para a reducción da xornada laboral de homes con fillos e fillas menores de tres anos.
Recorrendo Ferrolterra en Galego
Arredor de 800 escolares tomaron a Praza de Armas de Ferool para participar na carreira polo idioma galego, Correlingua. A choiva e o sol acompañaron de xeito sucesivo a iniciativa.
Potenciando o deporte en Narón
O Concello destina 114.000 euros ao fomento do deporte local nas disciplinas de atletismo, balonmán, tiro con arco e golf.
O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, asinou hoxe outros catro convenios con entidades deportivas para o fomento do deporte local. En conxunto, o Concello destinará a estos catro clubes un total de 114.000 euros.
As entidades que hoxe firmaron os convenios son as seguintes:
Apúntate en Narón ao Curso de xardinería ecolóxica e autóctona
A Concellería de Medioambiente de Narón, dirixida polo edil Manuel Ramos, ven de promover un Curso de Iniciación á Xardinería Ecolóxica e Autóctona que se desenvolverá a partires do 7 de maio no parque temático de desenvolvemento rural Aldea Nova, en Sedes.
















Concello de Narón