Abril 2010
Cursos para desempregados no Concello de Narón
O Concello de Narón vai impartir varios cursos para desempregados. As persoas interesadas teñen que inscribirse na oficina de emprego co código que ten cada curso.
- Curso Soldador de estruturas metálicas lixeiras (Centro de Formación Irmáns Froilaz, código do curso: 2214)
- Curso Electronicista básico de edificios (Centro de Formación Irmáns Froilaz, código do curso: 2215)
-
Curso Electricista de edificios (Centro de Formación Irmáns Froilaz, código do curso: 2216)
Primavera de Europa: Celebra Europa no teu centro escolar
Primavera de Europa é unha campaña anual que se estende d o22 de marzo ao 30 de xuño de 2010 aberta aos centros de primaria, secundaria e bacharelato de toda Europa. Ao inscribirse na primavera de Europa, os profesores e os alumnos participan en toda unha serie de actividades, concursos e debates online en directo. Ao longo de todos estes eventos, os temas europeos entran a forma parte das clases dunha forma innovadora e creativa.
O Concello de Narón destinará 49.000€ a subvencionar as actividades das asociacións e entidades de Narón
A Concelleira de Participación Cidadá de Narón, Natalia Hermida, animou a tódalas entidades e asociacións inscritas no Rexistro Municipal de Entidades a participar nesta convocatoria unha vez que se abra o prazo.
Nova edición dos Obradoiros de Saúde Comunitaria en Narón nos que se falará de sexualidade, drogas e prevención
A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de promover unha nova edición dos Obradoiros de Saúde Comunitaria correspondentes ó curso 2009/2010.
Os obradoiros se celebrarán a partires da vindeira semana, prolongándose entre os meses de maio e xuño. Haberá dous modalidades: educación afectivo sexual e prevención de drogodependencias.
No obradoiro de educación afectivo-sexual (cunha duración de 5 sesións de 50 minutos) participarán os seguintes centros:
Subvencións a asociacións de veciños de Galicia.
A Xunta de Galicia convoca subvencións en favor das confederacións, federacións, coordinadoras ou agrupacións de asociacións de veciños de Galicia, en diante entidades, con destino á programación e desenvolvemento durante o ano 2010 de actividades propias e gastos correntes de funcionamento.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de maio de 2010.
Máis información no DOG do 19 de abril de 2010 e en http://cpapx.xunta.es
Prácticas en empresas no estranxeiro
ARGO GLOBAL é un programa de mobilidade, promovido polo Ministerio de Educación, no que o obxectivo é impulsar a formación complementaria dos titulados de todas as universidades españolas a través da realización de prácticas en empresas no estranxeiro, cunha duración de entre 3 a 12 meses en empresas en Europa, EUA, Canadá e en empresas españolas con sede en Asia.
A convocatoria do programa ARGO GLOBAL ten unha duración de tres anos, iniciándose en decembro de 2009 e sendo a data límite para a finalización e o retorno dos bolseiros o 30 de xuño de 2012.
Campionato do mundo de cambio de rodas
Esta será unha das probas da macrofesta do Motor, organizada pola Escudería Scracht Fene. Haberá ademais exposición de vehículos clásicos e de competición, mostra de motos clásicas e demostracións de rali slot, radio control e carreira de carretillas.
Seguindo o Camiño Inglés cara Santiago de Compostela
O Concello de Narón participa na peregrinación institucional a Compostela promovida polo Consorcio do Camiño Inglés. Nesta actividade tamén foron convidados a participar todos os colexios e institutos de Narón.
A empresa que xestiona as webs de Mocidade e Igualdade do Concello de Narón gaña o premio American Design Awards
A este respecto pronunciose dende o goberno municipal de Narón a Concelleira de Mocidade, Natalia Hermida. A edila amosouse orgullosa “de ter apostado por unha empresa galega de xente nova, e formar parte deste proxecto, no que se inclúen dúas páxinas webs municipais” declarou.
Campaña de Verán 2010: CAMPOS DE TRABALLO
Iníciase a campaña de verán e ofertanse prazas en campos de traballo para mozos e mozas de Galicia con actividades de voluntariado e de lecer vinculadas á arqueoloxía, ao medio ambiente, a reconstrución, a restauración ou a animación sociocultural.
O vindeiro día 26 de abril de 2010 comeza a inscrición en horario de 9h. a 14 h.
En Galicia , como novidade este ano e co gallo do Xacobeo pódese participar en campos de traballo de animación sociocultural no Camiño de Santiago. Estes campos de traballo estan en Fisterra, Palas de Rei e O Pino.
V Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez
A Deputacíon Provincial de A Coruña convoca o V Premio Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez. Poderán optar ó premio todas as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade que non teñan gañado o premio nas últimas edicións anteriores, con obras que non teñan sido presentadas noutros certames anteriormente.
Establécense os seguintes premios:
I concurso de redacción das Letras galegas 2010
O Concello de Narón acaba de convocar o I Concurso de Redacción “Día das Letras Galegas 2010” con motivo da conmemoración desta data (dedicada este ano a Uxío Novoneyra) e do Día de Internet, que se celebran o día 17 de maio. O concurso está aberto a escolares de Primaria, ESO e maiores de 16 anos. A participación realizárase a través de Internet.
Subvencións para mobilidade de estudantes Séneca
Convócanse estas subvencións con obxecto de fomentar que unha parte dos estudos universitarios poidan seguirse en universidades distintas a aquela na que o estudante se ache matriculado, e fomentar a mobilidade dos estudantes.
O número estimado de bolsas que se convocan é de 2.170.
Dameuntoke sae en papel
A revista Dameuntoke (de 26 páxinas) ten un estilo e liña editorial similar a da nosa web de mocidade, e neste primeiro número ofrece información sobre a asociación xuvenil Freeride Narón; reportaxes sobre o novo clube de piragüismo, as escolas deportivas municipais, a Escola de Música Moderna; unha entrevista a Natalia Hermida, concelleira de Mocidade, ademáis de incluir unha reportaxe sobre as novas redes sociais de Internet.
O Concello de Narón amplía o prazo de inscripción para o curso de Socorrismo en instalacións naturais e piscinas
A inscripción pode realizarse ata o venres 16 de abril.
A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de ampliar o prazo de inscripción para realizar o Seminario de Socorrismo en Instalacións Acuáticas e en Espazos Acuáticos Naturais, que se desenvolverá en Narón nesta primavera.
Noites saudables: 500 Prazas en balnearios para a mocidade a metade de prezo
Presentouse o programa Noites Saudables unha iniciativa que se desenvolverá durante o mes de abril en 9 balnearios e un centro de talasoterapia emprazados por toda a xeografía galega. A contía das estancias oscila entre os 61 e 97 euros segundo o programa termal que se escolla. A oferta sempre inclúe dous días en réxime de media pensión e habitación dobre con tratamentos específicos
Aberto o prazo para participar nos cursos de idiomas no estranxeiro
A Xunta de Galicia participa, xunto con outras 12 comunidades autónomas, na oferta 2010 de cursos de idiomas no estranxeiro. Nesta iniciativa poden participar mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, inda que nalgún colexio tamén admiten menores de 16 anos.
A oferta é tan variada como as condicións e prezos dos cursos, que van dende pouco máis de 400 euros ata os 6.000. Os idiomas que se poden aprender ou mellorar con esta iniciativa son o inglés, alemán, francés, ruso, italiano, portugués e chinés.
Axudas a universitarios para ir a congresos, simposios ou seminarios
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca axudas dirixidas ao alumnado universitario matriculado nalgunha das tres universidades do Sistema Universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia no curso 2009/2010, destinadas a sufragar parte dos gastos ocasionados pola asistencia a congresos, simposios, seminarios ou similares relacionados coas materias obxecto de estudo na titulación cursada.
A herdanza das baleas
Durante séculos, as baleas foron unha especie máis de pesca para os mariñeiros galegos. Primeiro de xeito artesán e, xa no século XX con toda unha industria aparellada, os grandes mamíferos facían parte da vida cotiá de diferentes portos. Agora, a obra Los balleneros en Galicia (siglos XIII al XX), de Felipe Valdés, analiza de xeito sistemático a actividade baleeira do país e revela este pasado tan descoñecido.
Reproducimos un estupendo artigo publicado no diario "El País" sobre a nosa historia coas baleas:
Chega a romería de Chamorro
O luns de Pascua celébrase unha das festividades máis típicas da nosa comarca. A romería de Chamorro congrega a maiores e aos máis novos, nos arredores da ermida de Nosa Señora do Nordés, emprazada nun pequeno outeiro situado a 164 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Presentada a programación do Pazo da Cultura de Narón para a primavera
Haberá nove espectáculos de danza, ópera, música e teatro. Comenza coa actuación de Mª Dolores Pradera, e remata coa compañía de danza de Aída Gómez.
O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, presentaron en rolda de prensa a programación cultural do segundo trimestre do Pazo da Cultura, que se desenvolverá entre o 8 de abril e o 5 de xuño. O Concello de Narón aportará a maior parte deste presuposto, mentres que a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e Caixa Nova colaborarán.





















Concello de Narón