Marzo 2010
Aberto o prazo de inscripción para o curso de socorrismo en instalacións naturais e piscinas
A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, abrirá mañá 30 de marzo o prazo de inscripción para participar no I Curso de Socorrista en instalacións acuáticas e en espazos acuáticos naturais.
Os interesados deberán entregar toda a documentación requerida no Rexistro Xeral do Concello entre mañá e o venres 9 de abril.
Cómo evitar os números de tarificación especial (901 ou 902)?
Os números de teléfono que empezan por 901 ou 902 son teléfonos denominados de "tarificación especial". E que significa isto?, Un número de teléfono de tarificación especial é todo aquel número de teléfono cuxo custo é superior ao dunha chamada a un abonado á rede telefónica. Caracterízase, entre outras cousas, porque ningunha compañía telefónica o inclúe no seu réxime de tarifa plana, debendo o abonado asumir o seu custo por separado á tarifa plana que tivera contratado.
Novas subvencións para asociacións que loitan a prol da inclusión social
A Consellería de Traballo e Benestar convoca as axudas para asociacións que realicen programas que contribúan a mellorar a inclusión social e laboral para as persoas que se atopan en situación de exclusión social. Subvenciona actuacións variadas de asociacións que estean inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais e que carezan de ánimo de lucro.
Bolsas para deportistas da Deputación da Coruña
Son bolsas que pretenden apoiar a práctica e o rendemento deportivo, facilitándolles aos/ás beneficiarios/as o acceso a unha preparación integral axeitada.
Existen dous grupos de beneficiarios:
- Grupo A: Aqueles entre 14 e 17 anos cumpridos antes do 31 de decembro deste ano.
- Grupo B: Aqueles entre 18 e 21 anos cumpridos na mesma data.
Concederanse un total de 10 bolsas de 2.000 euros cada unha e outras 10 de 3.000.
O Concello de Narón e a Universidade da Coruña firman un convenio para a realización dun curso de socorrismo en espazos naturais e piscinas
Natalia Hermida, concelleira de Mocidade, Deportes e Participación Cidadá, explicou que con este seminario se ofrecerá aos participantes a mellor formación, o máis adaptada e cualificada posible. “Pensamos que pode ser útil para darle unha saida laboral ás persoas, para completar a formación laboral dos licenciados, e incluso a dos traballadores de instalacións deportivas”, declarou a edila.
Curso de educación ambiental: técnicas de apicultura ecolóxica sostible
LUGAR DE REALIZACIÓN: Parque temático de desenvolvemento rural Aldea Nova – Lugar de Laguela, s/nº. Sedes. 15596 – Narón. Tlfno.: 981 10 25 92. FAX: 981 36 80 62. Móbil: 666 40 76 12. Correo electrónico: aldeanova@aldeanova.es – Páxina web: www.aldeanova.es
DATA.- Sábado 24 de abril de 2010.
DURACIÓN.- 60 horas (25 horas teóricas + 35 horas prácticas).
HORARIO.- En xeral, as mañás dos sábados. Teoría de 10:30 a 12:30 horas. Prácticas de 12:30 a 13:30 horas. Xornadas espaciadas e coincidentes coas actividades apícolas.
A apicultura ecolóxica sostible
Albert Einstein predixo que se as abellas desaparecesen do planeta a humanidade pronto desaparecería. Sen abellas non habería alimentación para o home, por ser a base da vida na Terra.
Debido a que un total do 80% do noso medio ambiente é fertilizado polas abellas, e que case o 40% da nosa alimentación depende exclusivamente do seu traballo de polinización, proporcionándonos hortalizas, froitas e sementes, así como novas plantas. Polo tanto, xogan un papel vital nos ecosistemas e na nosa propia supervivencia.
Nova edición do programa EcoEscola durante a semana santa
O Concello ofrece este servizo de coidado de fillos e fillas do 29 ao 31 de marzo, en Aldea Nova.
Na procura de tesouros
A Federación Galega de Turismo (FEGATUR) están a introducir o xogo do geocaching. Metade xogo, metade deporte, aventura, investigación e natureza a actividade consiste na búsqueda dun tesouro, que non ten que ser un obxecto material ou de valor. A través deste programa os visitantes, sós, en grupos ou en familia poderán coñecer rincóns inéditos nas rutas turísticas, dependendo do grao de dificultade.
II Edición dos Premios Nacionais de Educación para o Desenvolvemento en centros docentes
O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación convoca estes premios para centros docentes sostidos con fondos públicos.
Destinados a aqueles centros docentes que desenvolvan accións, experiencias educativas e proxectos destinados a concienciar, desenvolver o espíritu crítico e fomentar a participación activa do alumnado na consecución dunha ciudadanía global e comprometida coa erradicación da pobreza e o desenvolvemento sostible.
http://www.xuventude.net/web/xuventude/expresate
Visitamos a Escola de Musica Moderna de Narón
Nun local anexo a Casa da Mocidade encóntrase un espazo privilexiado para aprender a tocar a guitarra e a bateria dunha maneira diferente. A idea de crear unha escola na que o alumnado aprenderá dun xeito práctico e participativo está tendo éxito.
Para o ano 2010 a Escola xa conta con 34 alumnos/as e ás clases de guitarra e batería súmanse as de baixo.
Unha camelia para tí
A camelia cobra protagonismo esta fin de semana en Narón. A VI Mostra da Camelia abríu ao publico no Centro Odeón este sabado ás 5 da tarde. Habería máis pero a organización limitou a 40 o numero de expositores, adaptándose ao espacio dispoñible. Dentro da mostra celébrase o II Concurso de camelia Cidade de Narón.
Programa Ecoescola do Concello de Narón
Dentro do I plan de igualdade de Narón préstase unha especial atención a ampliación de medidas para garantir a igualdade de oportunidades a familias que están en risco de exclusión social.
A finalidade do Recurso Ecoescola é a de poñer fin aos obstáculos aos que se enfrontan as traballadoras para acceder e permanecer no mercado de traballo en igualdade de condicións, por ser as principais responsables do coidado de fillos, familiares e de cumprir con outras obrigacións persoais.
Os obxectivos que se fijan con este recurso son:
Caixa España oferta bolsas para realizar estudos de posgrao ou másters
Trátase dun programa da súa obra social destinado a licenciados, diplomados e titulados universitarios para realizar estudos de posgrao ou másters de especialización, para contribuir ó desenvolvemento formativo e potenciar unha mellor inserción no mercado laboral.
Os requisitos son ter nacido con posterioridade ó 31 de decembro de 1983 e ter un título universitario.
O importe será de 6000 euros, e o prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 8 de abril de 2010.
Bolsas para estudar en Italia
O Instituto Italiano de Cultura de Madrid, grazas ao Goberno Italiano, ofrece bolsas a persoas españolas que desexen estudar en Italia ou investigar en arquivos, centros culturais, bibliotecas, laboratorios ou cursos de idiomas.
O prazo está aberto ata o día 31 de mazo de 2010 e as solicitudes as podes obter na páxina http://borseonline.esteri.it/borseonline/it/index.asp
Bolsas de Internacionalización do Instituto de Comercio Exterior 2010/2011
O Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) convoca as Bolsas de Internacionalización 2010-2011, cuxo obxectivo é a formación de profesionais especializados en internacionalización empresarial.
O programa de bolsas de Internacionalización do ICEX consta de dúas fases: unha primeira, de formación na Rede de Oficinas Económicas e Comerciais das Embaixadas de España e unha segunda, de formación en empresas e institucións vinculadas á internacionalización, dentro e fóra de España.
Curtas para Rosalía
O motivo central destas curtas é a figura de Rosalía de Castro. Polo tanto aquelas persoas que queiran presentar obras a este certame deberán ter en conta que a temática xeral ha de ser a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.
O Certame de curtametraxes "Curtas para Rosalía" é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (www.as-pg.com). Estas son as bases do certame:
III Concurso de rock Deputación da Coruña
Coa intención de difundir, apoiar, e promocionar aos grupos de rock da provincia, a Deputación da Coruña, convoca o III Concurso de Rock Deputación da Coruña de acordo coas seguintes bases:
Poden participar todos os grupos de rock da provincia da Coruña que estean formados por músicos novos e teñan, polo menos, un CD editado, e que non fosen premiados en anteriores edicións do concurso.
Os músicos integrantes dos grupos non poden formar parte de máis dun grupo dos que participen no concurso.
Concurso de carteis Festa da Fraga das Pontes de García Rodríguez
Publicáronse as bases para o concurso de carteis da Festa da Fraga. Neste concurso poderán participar todos os mozos e mozas que teñan cumpridos os 14 anos antes do 25 de xullo de 2010, e non superen os 30 na mesma data.
As bases do concurso son as seguintes:
O Pavillón da Gándara retoma as actividades suspendidas pola folga de monitores de instalacións deportivas
O Pavillón Polideportivo Municipal de A Gándara reanuda todas as actividades que foran suspendidas a causa da folga de monitores de instalacións deportivas. Deste xeito, retómanse con normalidade os cursos de natación, ioga e ximnasia de mantemento.
Por outra parte, o servizo de nado libre está en marcha na piscina da Gándara, sendo atendido por monitores que non secundaron a folga. Os horarios dos bonos libres permanecen expostos na páxina web municipal.
Embora introduce aos primeiros lectores en temáticas de igualdade
A colección “A igualdade conta” estréase con tres relatos. En “O País dos mandóns” fálase dunha sociedade patriarcal e de cómo ésta coarta a liberdade das mulleres e das nenas. “A urna dos desexos” é un conto sobre a democracia paritaria e “O segredo de Flora” é unha historia na que se aborda o tema da violencia contra as mulleres. Todo isto explicado de xeito moi sinxelo, adaptado aos primeiros lectores, e con fermosas ilustracións de Spela Trobec.
Xornadas Culturais da Escola Oficial de Idiomas
Berros do Castro, Julie Guravich, Renato Spencer, son os atractivos musicias das Xornadas Culturais da Escola Oficial de Idiomas de Ferrol que durante tres dias, 10, 11 e 12 de marzo, nos introducirán na diversidade cultural dos paises cuxas linguas se aprenden na EOI coa que conta a comarca.
Actividades de nado libre no Complexo Polideportivo Municipal de A Gándara
A piscina do Complexo Polideportivo Municipal da Gándara abrirá o vindeiro lúns día 8 de marzo de 2010, exclusivamente para a actividade de nado libre, nos horarios que figuran expostos nos taboleiros de anuncios do dito Complexo Polideportivo.
Esta actividade será atendida exclusivamente por aqueles/as socorristas que non secundan a folga.
Para calquera dúbida ou información sobre os horarios disponibles tamén poderán chamar ó teléfono 981-38 75 22 en horario de 09,00 a 14,00 e de 16,00 a 19,00 horas.
Horarios
Campamentos de verán 2010
Hoxe martes 9 de marzo abríuse o prazo para inscribirse nos campamentos de verán 2010. Estes campamentos están dirixidos á mocidade (dende os 9 ata os 17 anos) co obxectivo de ofrecer actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo, servindo non só para divertirse senón para o noso enriquecemento persoal e vital.
Rober Bodegas en Narón
O monologuista Rober Bodegas trae a Narón o seu espectáculo “Un condón, por si pillo”. Actuará o xoves e o venres da vindeira semana, os dias 11 e 12 de marzo, no Pazo da Cultura de Narón.
Éxito do Outlet Narón
O alcalde de Narón, José Manuel Blanco destacou que se trata “dun primeiro paso moi importante para que os comerciantes se unan nunha feira como esta para poder ofrecer os seus produtos e tamén importante para o público en xeral, que pode atopar boas ofertas nestes tempos de crise”.
Ti, de que vas? A min mólame o consumo responsable
O Instituto Galego de Consumo convoca a fase autonómica do concurso de premios sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis 5: Ti, de que vas? A min mólame o consumo responsable.
Subvencións do Injuve ás Asociacións Xuvenís e Entidades prestadoras de servizos á xuventude
Serán obxecto de subvención os programas dirixidos a mozos entre 14 e 30 anos, destinados a apoiar o movemento asociativo xuvenil e a súa participación social, así como ao fomento de programas que posibilite a autonomía e promovan a igualdade de oportunidades dos mozos e mozas.
Requisitos para solicitar a subvención:
Plan de formación continua para monitores e directores de tempo libre
Os interesados en participar nos cursos do Plan de formación para monitores e directores de tempo libre deben contactar a través do correo electrónico subdireccion.programas@xunta.es ou os teléfono 981 54 56 96 e 981 54 47 35
Concurso de carteis da XX Festa do Polbo
Iniciouse o XIII concurso de carteis da Festa do Polbo no que podedes participar presentando as vosas propostas. O premio consistirá en 450 euros.
A continuación recollemos as bases do concurso:
Aberto o prazo para entrar no Xuventude Galicia Net
O macroencontro terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago entre o 26 e 28 de marzo no que constitúe a undécima edición da party.
Xuventude Galicia Net ofrecerá multitude de competicións de videoxogos e cursos. "Unha das grandes novidades desta undécima edición é a apertura de portas aos obradoiros. Deste xeito poderán participar neles todas as persoas que estean interesadas en asistir, e non só os usuarios inscritos do evento", explica a web da festa.
Xuventur, Turismo rural para a mocidade galega
Comeza o programa Xuventur, Turismo rural para a mocidade galega unha iniciativa dirixida aos mozos e mozas de entre 18 e 35 anos para que poidan coñecer a xeografía e o patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto. Así mesmo, proporciona á xente nova a oportunidade de vivir a experiencia do turismo activo e do turismo rural de Galicia e promove a educación ambiental e o ocio saudable.
O Concello inaugurará o monumento á muller o dia 8 de marzo na Praza da Gándara, coincidindo co Dia Internacional das Mulleres
O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Mª del Carmen Espada, presentaron hoxe en rolda de prensa os actos conmemorativos do Dia Internacional das Mulleres, que se desenvolverán en Narón ao longo deste mes de marzo.
Probas de acceso a ciclos medios
O luns día 1 de marzo ábrese o prazo de presentación de solicitudes para presentarse ás probas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio. O requisito de idade para poder presentarse é ter 17 anos de idade ou cumplilos no presente ano 2010.
Para inscribirse a estas probas podedes contactar con dous I.E.S. do Concello de Narón. O I.E.S. Terra de Trasancos (Telf. 981 380 833) e o I.E.S. As Telleiras (981 384 821).
Ao pé do lar
Ao pé do lar: Memorias de cociña é unha exposición que amosa aos visitantes a evolución destes singulares espazos domésticos ao longo de máis de dous mil anos de historia cultural e de centos de quilómetros de diversidade xeográfica do país, coas técnicas culinarias e os pratos de cada época.
A través desta exposicións investíganse as receitas que comeron e disfrutaron os nosos devanceiros. A viaxe gastronómica do equipo, a través da memoria oral e documental da gastronomía galega é abraiante. E esta exposición comparte con nós o resultado.



































Concello de Narón