Febreiro 2010

  • O Sónar Galicia contará con tres escenarios

    Sonar Galicia

    A anunciada edición do Sónar que se desenvolverá na Coruña os vindeiros días 17, 18 e 19 de xuño xa ten programación. Segundo se anunciou esta mañá visitarán o recinto de Expocoruña artistas internacionais coma Lcd Soundsystem, Air, Laurent Garnier, Hot Chip, Flying Lotus, The Slew ou Booka Shad e, pola banda galega, David M., Fluzo, 6PM, Cora Novoa, MwesLee Vs BFlecha, Viktor Flores ou Fat Fish.

     
  • Máis de 5.000 mozos utilizaron no 2009 os servizos de Mocidade

    Logotipo de Dameuntoke

    Sete grupos ensaian regularmente nas aulas da Gándara e 70 persoas aprenden música moderna. Só os encontros organizados polo Concello o ano pasado sumaron máis de 800 asistentes e o portal web Dameuntoke achégase ás 3000 visitas.

     
  • A Deputación da Coruña convoca o VI Premio Castelao de BD

    Premios de banda deseñada Castelao

    Os interesados en concorrer á sexta edición do Premio Castelao de Banda Deseñada teñen xa dispoñibles as bases.

    Os autores terán que ser maiores de idade e presentar obras completas, a cor ou branco e negro, de entre 48 e 64 páxinas.

    A Deputación da Coruña premiará con 6.500 euros e mais a publicación na nosa lingua a obra gañadora.

    Preme no seguinte enlace para coñecer as bases do VI Premio Castelao de Banda Deseñada.

     
  • A nova edición do MOVE atenderá a gastronomía xacobea

    Festival MOVE

    O festival coruñés de música electrónica e arte experimental MOVE, iniciará o vindeiro 26 de marzo a súa edición 2010. Desta volta, o evento prestará unha especial atención á gastronomía do Camiño de Santiago, co título de Move Music Food.

    O alemán Michael Mayer será o encargado de iniciar as actividades, e agárdase a presenza de outros destacados DJs internacionais.

     

     
  • Recomendacións para escoller unha bicicleta infantil saudable e segura

    Recomendacións para escoller unha bicicleta infantil

    Unha bicicleta é un agasallo inesquecible para un neno. Máis aló de ser un simple xoguete, a bicicleta permite aprender a divertirse realizando unha actividade física ao aire libre xeralmente en compañía dos amigos.

    A fin de que o uso da bicicleta sexa seguro, fai falta que un adulto supervise aos nenos máis pequenos cando vaian en bicicleta, e evite os lugares por onde circulan vehículos de motor ou os danos a outras persoas.

     
  • Programas de medioambiente no Concello de Narón

    Área recreativa e medioambiental do Muíño de Chao (Pedroso)

    En Narón atoparás un bo número de programas relacionados co medioambiente. Anímaste a pasar unha fin de semana de rutas de sendeirismo? ou que che parece estar uns días no parque Temático de Desenvolvemento Rural en Sedes ou na área recreativa do muíño de Chao en Pedroso?

    En Dameuntoke ímosche explicar a oferta que podes encontrar no noso municipio:

     
  • 3º Certame MusicaXove010

    Concurso de Música

    O Certame de MúsicaXove'010, que se organiza en Santiago de Compostela, ábrese ao intercambio e á amplicación do circuíto, dando cabida a todas aquelas bandas e solistas que desenvolvan a súa actividade musical en Galicia.

    Este certame cumpre a súa 3º edición co obxectivo de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical dos xoves, como unha iniciativa máis nun conxunto de propostas que tratan de poñer en marcha estratexias nesta perspectiva.

     
  • Obtén o teu título de CELGA 1, 2, 3 ou 4

    celga.png

    A Secretaría Xeral de Política Ligüística da Xunta de Galicia convoca as probas do ano 2010 para obter calquera destes certificados de língua galega. As persoas destinatarias son aquelas maiores de 16 anos ou que os cumplan durante o ano 2010, nacionais ou extranxeiras, e establécense tres convocatorias:

     
  • Concurso de deseño: Debuxa un dereito dos nenos e das nenas

    niño.jpg

    Este é un premio convocado pola Dirección Xeral de Xustiza, Liberdade e Seguridade da Comisión Europea, que co eslogan "Debúxame un dereito" queren que os mozos e mozas europeos deseñen un póster tamaño A2 (42x59 cm) que reflexe un dos dereitos reflectidos na Convención da ONU sobre os Dereitos do Neno.

     
  • Novo ciclo de teatro infantil no auditorio do Alto

    libro.jpg

    A apertura do Pazo da Cultura, fai xa máis dun ano, permitiu ao Concello de Narón diversificar a súa oferta escénica ao contar con dous escenarios distintos, o de nova creación e o Auditorio Municipal da praza de Galicia. Se ben o peso cultural levao o Pazo, o outro teatro va camiño de especializarse nos máis pequenos.

    Con esta idea, o Padroado da Cultura lanzou unha nova programación alternativa destinada ao público infantil e familiar con representacións aptas para todos os públicos que establecen un calendario fixo para as tardes dos domingos de febrero a abril.

     
  • Axudas ao audiovisual

    Axudas audiovisual

    Se che interesa todo o relacionado co mundo audiovisual, esta é unha nova que debes ler con atención, porque hai axudas para case todo tipo de produccións que te poidas imaxinar.

    O Ministerio de Cultura, no BOE do 4 de febreiro de 2010 convoca as axudas para o audiovisual para o 2010.

    Hai axudas moi diversas e os prazos rematan, segundo cada categoría, entre o 10 de marzo e o 30 de xuño deste ano.

     
  • A Escola de Tempo Libre de Narón TEMPUS organiza un curso de Monitor de actividades de tempo libre

    Escola de Tempo Libre Tempus

    O curso está homologado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Consta de dúas fases: a primeira de 200 horas teórico-prácticas e a segunda de 150 horas de prácticas.

    Este año, a Escola de Tempo Libre Tempus convoca dúas modalidades: unha intensiva e outra en horario de fins de semana

     
  • Narón conta cunha Oficina Municipal de Información Xuvenil

    Oficina Municipal de Información Xuvenil de Narón

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Narón é un servizo público e de balde que ofrece información asesoramento e información sobre temas de interese para a mocidade como traballos, obradoiros, becas, axudas de estudo, obxección, saúde, tempo libre, cursos, asociacionismo.

    Imaxe da Oficina Municipal de Información Xuvenil de Narón

     
  • Onde están as gasolineiras máis baratas?

    gaso.jpg

    Os prezos do combustible non só varía segundo a provincia, senón tamén nunha mesma cidade hai estacións de servizo con prezos diferentes.

    O Ministerio de Industria dispón dunha web na que aparecen todos os tipos de carburantes (Gasolina 95 Sen Chumbo, 97, 98 Sen chumbo, Gasóleo Automoción, Gas Autom. Mellorado, Gasóleo B e Biodiésel), e informa con moito detalle de onde encontrar o combustible ao mellor prezo.

     
  • Introdución á Investigación para estudantes universitarios

    CSIC

    A Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas convoca 350 bolsas de Introdución á Investigación para estudantes universitarios, no marco do Programa Xunta para a Ampliación de Estudos.

    Requisitos:

     
  • Eurobecas Caja Madrid 2010

    Eurobecas Caja Madrid

    A Obra Social Caja Madrid ofrece o programa "Eurobecas Caja Madrid" para que os estudantes e titulados de Formación Profesional teñan a oportunidade de adquirir unha experiencia laboral no estranxeiro e de avanzar no seu coñecemento doutros idiomas, culturas e modos de vida.

    O prazo de inscripción é do 19 de Xaneiro ao 19 de Febreiro de 2010. Nesta páxina podedes consultar as Bases da convocatoria e no apartado Inscripcións tedes os documentos necesarios para a participación.

     
  • Oferta formativa da Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC

    Universidade da Coruña

    A Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña publicou a súa oferta de cursos para o Campus de Ferrol. Para este ano 2010 podedes encontrar cursos formativos, na maioría dos casos gratuítos sobre: Intervención social en menores, xénero e diversidade cultural, risoterapia.

    Se che interesa algún dos cursos podes contactar con Oficina a través de :

     
  • 55 mentiras sobre a lingua galega

    55 mentiras sobre a lingua galega

    A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentou o venres 5 de febreiro a súa primeira publicación titulada "55 mentiras sobre a lingua galega", coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.

     
  • III Concurso “IGNACIO LÓPEZ BUENO” de presentacións informáticas

    Cartel do concurso Ignacio López Bueno

    O IES Terra de Trasancos convoca un ano máis o concurso "Ignacio López Bueno" de presentacións informáticas que, neste ano internacional da Diversidade Biolóxica, estará adicado á Biodiversidade Galega.

    O concurso vai dirixido aos alumnos e alumnas de ESO, BACHARELATO e  CICLOS que estean matriculados no presente curso 2009-2010 en centros de GALICIA. Cada un dos participantes deberá acompañar o seu traballo dun certificado de matrícula nalgún dos centros da Comunidade Autónoma.

     
  • A loita contra o cancro de mama

    Todos contra o cancro

    Ao longo da súa vida, a 1 de cada 8 mulleres seralle detectado un cancro de mama. Cada día no Estado detéctanse 44 casos, o que da a cifra de 16.000 persoas enfermas cada ano. É o principal tipo de cancro entre o sexo feminino e a segunda causa de morte.

    Pese a que fai uns anos a metade das mulleres ás que se lle detectaba esta enfermidade falecían, actualmente a taxa de supervivencia é superior ao 80%, e esto débese en gran medida a tódalas actividades de prevención que se levan a cabo, xa que o diagnóstico precoz é unha gran axuda. Entre estas medidas podemos atopar:

     
  • O venres comezan as I Xornadas Pedagóxico-Deportivas de Fútbol

    I Xornadas Pedagóxico-Deportivas de Fútbol

    Durante o mes de febreiro celébranse estas novidosas xornadas coa presenza de varios xogadores e parte do equipo técnico do Deportivo da Coruña.

     
  • Sabemos reciclar?

    Sabemos reciclar?

    Nos últimos anos, case todas as persoas estamos aprendendo a reciclar, sobre todo a partir de que se dotara a todos os concellos de contenedores adaptados a este proceso.

    En maior ou menor medida, todas e todos sabemos unhas regras básicas:

     
  • Dereitos do menor: sabemos realmente cales son?

    Dereitos dos nenos

    No ano 1989, na Convención Internacional sobre os Dereitos dos Nenos, ratificada pola maioría dos países do mundo, estableceuse como principio básico de calquer institución, sexa pública ou privada, o interese superior do menor.

    Entre estes dereitos podemos atopar:

     
  • Cochos que salvan vidas

    Cochos que salvan vidas

    Todos sabemos que dende que se domesticou a este animal numerosas foron as enfermidades que nos transmitiu aos seres humanos, como poden ser a gripe, a triquinose ou a brucelose, pero o que si que é descoñecido son todas as aplicacións que se lle poden dar no campo da medicina.

    Un destes casos podémolo atopar na insulina de porco. Ata vai 30 anos non existía a insulina humana sintetizada artificialmente, polo que se empregaba a deste animal ao ser moi similar á do corpo humano.

     
  • Préstamos renda universidade

    Préstamo Renda Universidade

    Son unha serie de créditos que se lles ofrecen ás persoas licenciadas ao 0% de interese cun tope máximo de 22.000 euros para que poidan realizar os seus estudos de posgrado. O seu obxectivo fundamental é que unha persoa non teña que deixar de formarse simplemente por non ter un nivel suficiente de ingresos para realizalos.

    Pódense solicitar dende o 1 de setembro do 2007, sempre que o Máster que se vaia cursar sexa recoñecido polo MEC ou por algunha das universidades dos 46 países do Espazo Europeo de Educación Superior.

     
xunta de galicia consellera de traballo e benestar