NOVAS

Prazas de prácticas de monitores/as e directores/as de tempo libre para os campamentos da Campaña de Verán 2011

Publicado o 02 de Xuño de 2011

As prácticas realizaranse nos campamentos da Xunta de Galicia dentro da Campaña de verán 2011, que a mesma dirección xeral organiza para a mocidade galega nos meses de verán, e que se realizarán en diferentes localidades da nosa comunidade autónoma.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, ven de facer un sorteo informático entre as escolas de tempo libre (E.T.L.) rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia e que realizaron formación nos últimos tres anos, a fin de asinar as prazas en prácticas nas modalidades de monitores/as e directores/as de tempo libre.

As prácticas realizaranse nos campamentos da Xunta de Galicia dentro da Campaña de verán 2011, que a mesma dirección xeral organiza para a mocidade galega nos meses de verán, e que se realizarán en diferentes localidades da nosa comunidade autónoma.

Pódense consultar aquí as prazas que se ofertan.