NOVAS

O Pazo da Cultura acollerá a primeira exposición da nova asociación ‘Narón Amigos del Arte’ (NARART)

Publicado o 24 de Xuño de 2011

O Pazo da Cultura de Narón será o escenario elexido para a inauguración, mañá venres ás 19 horas, da primeira exposición da asociación ‘Narón Amigos del Arte’ (NARART). Trátase dunha nova entidade cultural, que amosará as súas primeiras creacións nunha mostra colectiva que permanecerá exposta no hall do Pazo da Cultura do 24 de xuño ó 1 de xullo. Poderá visitarse en horario de 11:00 a 14:00 horas, e de 17:00 a 21:00 horas.

Con este evento, NARART inicia a súa andaina co obxectivo de potenciar a actividade cultural dentro dos eidos das artes plásticas e literarias, no municipio de Narón. Esta primeira exposición terá carácter multidisciplinar, e na mesma exhibirán as súas obras:

  • Jesús Martín García Taboada
  • Raquel Zaplana
  • Rosa Fernández Salanova
  • Juan Zaplana Agüera
  • Ana Ocampo
  • M. del Carmen Sendón
  • Amelia de Querol Orozco