NOVAS

O Concello cumplíu na súa práctica totalidade o I Plan de Igualdade para as mulleres de Narón

Publicado o 19 de Maio de 2011

O Concello de Narón cumplíu na sua práctica totalidade a execución do I Plan de Igualdade para as mulleres, que se desenvolve dende o ano 2006, cun investimento realizado ata o de agora de 321.114€.

O Concello de Narón cumplíu na sua práctica totalidade a execución do I Plan de Igualdade para as mulleres, que se desenvolve dende o ano 2006, cun investimento realizado ata o de agora de 321.114€.

A Concelleira de Igualdade de Narón, Mª del Carmen Espada, deu conta na Comisión da Muller da avaliación do I Plan de Igualdade do Concello de Narón. Así, das 119 actuacións previstas no Plan, 63 foron executadas totalmente, 48 de xeito parcial ou en proceso e tan só 8 non foron todavía levadas a cabo no período de vixencia do plan. Esto supón unha taxa de eficiencia alta no cumprimento dos obxectivos, tal e como indicou a edila.

“Seguimos traballando neste campo, pola importancia que ten o camiño que levamos andado e porque temos que continuar nesta liña”, indicou Mª del Carmen Espada.

Entre as novidades que trouxo o I Plan de Igualdade destaca a creación da Unidade de Xénero e do Foro de Cidadás. E tamén o traballo realizado co sector de menor idade a través da colaboración permanente cos centros educativos, atendendo ás cuestións fundamentais da igualdade entre mulleres e homes: prevención da violencia, corresponsabilidade, visibilización das mulleres…