NOVAS

Nova web do Carné Xove

Publicado o 19 de Xullo de 2022

Lánzase unha nova versión da web do Carné Xove, onde poderase consultar os descontos asociados a él, e as coberturas do seguro de viaxe, entre outras moitas opcións.

A Xunta de Galicia lanzou unha versión mellorada da web do Carné Xove, unha tarxeta persoal para a mocidade galega expedida pola Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social. Con cal as persoas usuarias poden acceder a unha chea de descontos e vantaxes en múltiples entidades e establecementos en Galicia, no resto das comunidades autónomas e nos 40 países europeos adheridos ao programa Carné Xove Europeo (European Youth Card).

Nesta nova web poderase consultar dunha forma práctica e sinxela os numerosos descontos aos que podemos acceder co carné xove, que xa conta con máis dun millar de establecementos adheridos para que a mocidade de Galicia teñan acceso a descontos e vantaxes exclusivas en cultura, viaxes, deportes, saúde... así como ás coberturas do seguro de viaxe ao que podes acceder mediante este carné. A súa vez, xa non será necesario dispoñer dun carné físico para poder gozar de todas estas vantaxes, poderase crear un carné xove virtual e acceder ao mismo mediante a web.

Web Carné Xove