NOVAS

Narón acolle a primera etapa da X Volta Ciclista a Galicia

Publicado o 15 de Setembro de 2011

A primeira etapa da X Volta Ciclista a Galicia disputarase o venres 16 de setembro en Narón, con saída e meta no mesmo punto (rúa Cataluña, frente ó Centro Comercial e de Ocio ‘Dolce Vita Odeón’). A presentación dos equipos será ás 12:30 horas, o control de firmas de 13:15 a 13:45 horas, e a saída ás 14:00 horas, estando prevista a chegada ás 17:45 horas aproximadamente.

A primeira etapa da X Volta Ciclista a Galicia disputarase o venres 16 de setembro en Narón, con saída e meta no mesmo punto (rúa Cataluña, frente ó Centro Comercial e de Ocio ‘Dolce Vita Odeón’). A presentación dos equipos será ás 12:30 horas, o control de firmas de 13:15 a 13:45 horas, e a saída ás 14:00 horas, estando prevista a chegada ás 17:45 horas aproximadamente.

A proba terá un percorrido total de 147 kilómetros, que se disputarán nun circuito entre Narón e Valdoviño, pasando polos seguintes puntos: Narón (saída do polígono de A Gándara ata estrada de Castela, continuando pola estrada de Cedeira en dirección a Valdoviño), A Carreira (percorrido recto en dirección a Valdoviño pola estrada de Cedeira, AC-566), Aviño (percorrido recto en dirección a Xubia pola CP-5404), A Gándara (mesmo percorrido que o anterior), e Xubia( xiro de 90º collendo a dereita, en dirección a Ferrol pola Estrada de Castela). A meta volante será no Antigo Concello, nesta parroquia. Na quinta volta ó circuito haberá unha desviación a Pedroso, para enfiar o Alto Pereiruga, un porto de montaña de 2ª categoría e tres kilómetros de lonxitude. A etapa continuará por O Carballo,  A Gándara e Xuvia ata chegar á meta, na rúa Cataluña.

A X Volta Ciclista a Galicia foi presentada en rolda de prensa polo Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Manuel Tallón, e o director técnico da Volta, Guillermo Sande. Contará coa participación de ciclistas das categorías de Élite e Sub 23 procedentes de toda Galicia, resto de España, Portugal e Arxentina.

En total, a X Volta Ciclista a Galicia transcurrirá en tres etapas:

  • 1ª etapa: Narón-Narón (147 kms.)
  • 2ª etapa: Camariñas-Carballo (137 kms.)
  • 3ª etapa: Cuntis-Cuntis (115 kms.)

Para garantizar a seguridade e a coordinación desta primeira etapa en Narón, traballará un dispositivo de máis de 50 persoas (entre Policía e Protección Civil), ademáis dun número similar de voluntarios. O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, agradeceu a colaboración de tódalas persoas implicadas nesta proba deportiva, e convidou á cidadanía a saír ás rúas para disfrutar deste espectáculo, no que tamén colaboran 17 empresas locais patrocinando o evento.

Ademáis, o rexedor lembrou a tradición ciclista que ten este municipio, no que dende fai máis dunha década desenvólvese o Programa de Educación Viaria Municipal nos colexios e institutos de Narón. Este programa inclúe saídas escolares en bicicleta, e dous marchas ciclistas anuais.

Para facer partícipes ós rapaces de Narón desta data, organizarase unha marcha ciclista paralela, o venres de 11 a 12 horas, polo barrio de A Gándara, na que participarán máis de 200 alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria dos colexios do barrio (CEIP A Gándara e Colexio Santiago Apóstol).