NOVAS

Máis de 20 bodegas participarán na 2ª edición de Xuviño, no paseo marítimo de Xuvia

Publicado o 17 de Xuño de 2011

Para degustar os viños, a organización porá á venta talonarios ó prezo de 5 euros e compostos por 5 tickets cada un. Os viños costarán entre 1 e 3 tickets, dependendo da súa calidade. Ademáis, haberá que aportar 1 ticket por cada copa.

O Paseo Marítimo de Xuvia acollerá este fin de semana (dias 17, 18 e 19 de xuño) a II Feira do Viño ‘Xuviño’ organizada polos concellos de Narón e Neda. Nesta ocasión,está prevista a participación de máis de 20 bodegas, representadas por distribuidores.

Para degustar os viños, a organización porá á venta talonarios ó prezo de 5 euros e compostos por 5 tickets cada un. Os viños costarán entre 1 e 3 tickets, dependendo da súa calidade. Ademáis, haberá que aportar 1 ticket por cada copa.

Os bodegueros instalaranse a ambas marxes do rio Xuvia, nas zonas correspondentes a Narón e Neda. Ademáis de degustar caldos, os visitantes atoparán nesta edición de Xuviño varios postos de embutidos, queixo de A Capela, e Pementos do Couto. A oferta gastronómica completarase con varios establecementos hosteleiros nos que se ofrecerá paella, churrasco, empanadas e embutidos ibéricos.

O paseo marítimo de Xuvia disporá dunha zona de ocio –tanto en Narón coma en Neda- para os nenos/as, e ademáis como novidade haberá música ambiente durante todo o día, que se transformará en concertos o sábado e o domingo, ás 19:00 horas.

Estas actuacións están organizadas pola Obra Social “la Caixa”, e forman parte do ciclo Diversons- Música para a integración. Este programa promociona a grupos que interpretan música de raíz ou de inspiración tradicional dos seus respectivos países ou culturas. Así, traerán a Narón ós grupos Maracatú FM (sábado) e Rosario Solano (domingo). Ambos concertos celebrarán no paseo marítimo de Xuvia, de xeito gratuito.

Maracatú FM é un grupo brasileño que destaca pola súa creatividade, e pola constante investigación musical. A súa liña artística queda trazada pola unión da música folclórica pernambucana con diferentes sonidos contemporáneos, coma o funk, o rock ou a música electrónica. Con todos estos elementos, os seus concertos convértense nun espacio no que conflúen maxia, enerxía e musicalidade.

Rosario Solano é unha cantante de fado portugués. Acompañada por dous instrumentistas de grande experiencia, esta artista realizará un percorrido que vai da cara máis tradicional do xénero –representada por Amalia Rodrigues- ás propostas máis actuais –consolidadas grazas ás voces de Dulce Pontes ou Mariza-.

Xuviño 2011 inaugurarase o venres ás 18:00 horas por parte do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e do Alcalde de Neda, Ignacio Cabezón. O horario de apertura durante o fin de semana será de 10:00 a 22:00 horas, o sábado e o domingo.