NOVAS

Intercambio xuvenil a Xapón!

Publicado o 23 de Maio de 2023
Intercambio xuvenil a Xapón!

Queres viaxar a Xapón! Se tes entre 18 e 30 anos, tes unha oportunidade de intercambio!

Esta oferta de intercambio está dirixida a persoas galegas residentes en Galicia con idades comprendidas entre os 18 e 30 anos de idade no momento de realizarse o intercambio. 

Prazo de inscrición: do 23 ao 29 de maio de 2023, ou ata esgotar as prazas. O formulario estará dispoñible desde as 10 horas do 23 de maio.

Consulta a información completa no portal de Xuventude.