NOVAS

Formación en linguas estranxeiras no ano 2012

Publicado o 05 de Marzo de 2012

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2012, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2012-2013.

A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas para realizar as actividades de formación lingüística durante o ano 2012, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2012, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2012-2013.
Requisitos:

a)Estar cursando:

  • 6.º de educación primaria
  • 1.º, 2.º, 3.º e 4.º da ESO
  • 1.º ou 2.º de Bacharelato e ciclos formativos de grao superior

Ter un módulo profesional de lingua estranxeira no seu currículo, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2011-2012, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as áreas, materias ou módulos no curso 2010-2011.

c) Ter acadado no curso 2010-2011 unha cualificación mínima de ben, para o alumnado de educación primaria, e de 6 para o de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de ciclos formativos, na área, materia ou módulo de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
As persoas que desexen optar á axuda deberán completar «en liña» o formulario electrónico que corresponda en función da actividade na que desexan participar, a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 7 de abril de 2012
Máis información no DOG do 5 de marzo de 2012 e en www.edu.xunta.es/axudasle