NOVAS

Aloxamento en Granxas Ecolóxicas de todo o planeta

Publicado o 02 de Xuño de 2011

Aloxamento en Granxas Ecolóxicas de todo o planeta

WWOOF ESPAÑA é un asociación sen ánimo de lucro que se crea a raíz da colaboración con diferentes asociacións WWOOF internacionais e que prétente servir aos voluntarios (WWOOFERS) e granxas ou poboadores rurais que traballan principalmente con métodos ecolóxicos e sostibles.
Unha das actividades que WWOOF ESPAÑA é a de servir de coordinador da oferta de Granxas que aceptan axuda voluntaria e a demanda de voluntarios (WWOOFERS) que desexan experimentar e axudar nun ámbito rural.

A relación entre eles sempre se formula de forma totalmente LIBRE e VOLUNTARIA, non existindo NINGUNHA COMPENSACION económica nin doutros bens. WWOOF ESPAÑA intenta crear unha canle de comunicación entre Granxas e WWOOFERS, facilitar e mediar entre estes e coordinar as necesidades duns e outros, sempre dentro dun clima voluntario e dentro da legalidade que rexe o Voluntariado neste país.

Máis información:
WWOOF Internacional: www.wwoof.org
WWOOF España: http://ruralvolunteers.org/WHOSTS/