NOVAS

Aclaracións do Concello de Narón sobre a celebración do Encontro de Bandas de Gaitas Memorial ‘Lolete’

Publicado o 09 de Xuño de 2011

O goberno municipal en funcións ven de desmentir as declaracións realizadas polo presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, José Francisco Pita, culpando ó Concello de Narón da suspensión do VIII Encontro de Bandas de Gaitas Memorial “Lolete” por falta de financiación municipal.

O goberno municipal en funcións ven de desmentir as declaracións realizadas polo presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros, José Francisco Pita, culpando ó Concello de Narón da suspensión do VIII Encontro de Bandas de Gaitas Memorial “Lolete” por falta de financiación municipal.

Segundo apuntou o Alcalde en funcións, José Manuel Blanco, a data de hoxe “non existe ningunha petición formal no Concello, por parte desta asociación, para solicitar colaboración económica co fin de celebrar este encontro”, asegurou Blanco. O rexedor engadíu que se esta entidade quixera buscar apoio no Concello para a realización deste Memorial, “debería haber presentado unha solicitude de axuda no Rexistro Municipal, como o fan o resto de asociacións, xa que é un requisito imprescindible para otorgala”. Pola contra, a AVV de Piñeiros non formalizou petición ningunha ó respecto.

Respecto ás declaracións de Pita asegurando que a Concellería de Festas non aportaría “nin un só euro ó evento”, a delegada en funcións, Mª del Mar Gómez, indicoulle no seu momento que “habería que agardar á constitución do novo goberno municipal antes de tomar decisións sobre temas futuros”, tales coma a celebración do Memorial de Bandas de Gaitas, previsto para o mes de xullo.

Na mesma liña expresouse o Concelleiro de Turismo en funcións, José Luis Suárez, a quen o presidente da AVV de Piñeiros acusa de denegarlle unha suposta axuda de 2.500€. “Díxenlle que primeiro teríase que formar a Corporación Municipal, para ver quén é o delegado de Turismo, e logo falar do tema”, declarou Suárez.

Ademáis, o Alcalde en funcións, José Manuel Blanco, negou a existencia de reunións con José Francisco Pita para abordar a financiación do Encontro de Bandas de Gaitas. “Non houbo ningunha reunión con él, ademáis tampouco a solicitou. O único que se lle dixo ás asociacións, nunha reunión celebrada no ano 2010, é que debido á crise económica recortaríanse as axudas, pero en ningún caso lles dixemos que non habería colaboración”, sinalou o rexedor.