NOVAS

9º Encontro da Mocidade de Narón

Publicado o 30 de Maio de 2011

Uns 200 rapaces e rapazas participarán o próximo 4 de xuño no 9º Encontro da Mocidade de Narón, que se celebrará na Casa da Mocidade, o pavillón e skatepark.

Uns 200 rapaces e rapazas participarán o próximo 4 de xuño no 9º Encontro da Mocidade de Narón, que se celebrará na Casa da Mocidade, o pavillón e skatepark.

Dirixido a mozas/os dende os 14 anos ata os 30 anos, especialmente para os que estean entre os 16 e 23 anos, o encontro é unha estratexia para desenvolver actividades en común e crear espazos para o debate e a comunicación entre a mocidade que permitan xerar estruturas organizativas: ben de novas asociacións ou de grupos organizados por intereses comúns.

Na xuntanza compartirán afeccións e cun eixo argumental proposto previamente realizarán distintas actividades de grafitti,música, patinaxe, obradoiros,novas tecnoloxías etc.

O encontro articúlase en torno as accións de:

  • Kedada de Graffiti
  • Actuacións musicais de combos da Escola de música moderna
  • Obradoiro de confección e makeado de camisetas 
  • Obradoiro de “ Reanimation” ( montaxe de PCs) e de Redes (conexión a redes)
  • Obradoiro de tenis de mesa
  • Obradoiro de técnicas de ligue
  • Obradoiro “ Feito por Nós” (manualidades)
  • Obradoiro de tiro con arco
  • Kedada de patinaxe (con máis de 40 participantes de toda a provincia)
  • Actuación do grupo Brio de baile moderno
  • Obradoiro de emprego a través das novas tecnoloxías
  • Actuación musical do grupo “ Cantar e divertirse Xuntos”

 

   
Documento Tamaño
CRONOGRAMA ENCONTROS LOCAIS DE MOCIDADE 2011.docx 14.92 KB