medios de comunicación. Internet

Versión para impresoraEnviar a un amigo

É a forma de procura de emprego máis comunmente coñecida e usada polas desempregadas e desempregados, xa que adoitan ir ao seguro, e a través deles sabemos que hai un posto vacante e o tipo de posto que é, o inconveniente que encerra é que contamos con máis competencia xa que, igual que o sabemos nós, sábeno moitos outros candidatos.

Prensa: É importante aprender a ler a prensa, os anuncios que se publican, sobre todo os suplementos que saen os domingos. Encontrarás ofertas de emprego non só dos traballos máis solicitados, senón que che axudará a analizar os perfís máis solicitados, comparar que piden co que ti podes ofrecer.

Suxestión para a procura de traballo na prensa: Analiza ben o anuncio, busca o que requiren, o que valoran e o que ofertan, e se se axusta ao que sabes, podes e queres, lánzate.

Discrimina entre os requisitos imprescindibles e os que se valoran; se contas con dous terzos dos requisitos que figuran no anuncio, contesta. Eles saben que non existe a persoa que encaixa co perfil do posto ao cen por cento, e o que che falta pode ser considerado por eles como algo non imprescindible. Non esperes, responde canto antes.

Renuncia a responder cando:

  • Correspondan a academias e sexan cursos
  • Che pidan cartos para empezar a traballar
  • Che pidan chamadas telefónicas aos prefixos considerados fraudulentos

 

Portais de emprego en internet

www.buscarempleo.es

www.canalempresa.com

www.ceg.es

www.contactosdetrabajo.com

www.domestika.org

www.emancipaciónjoven.es

www.empleogalicia.com

www.infojobs.net

www.infoempleo.com

www.jobatus.es

es.jooble.org

www.laboris.net

neuvoo.es

www.opcionempleo.com

www.tecnoempleo.com

www.trovit.es

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar