emprego

Versión para impresoraEnviar a un amigo

Atopar un emprego é un labor de grande importancia, sobre todo cando se trata do primeiro, ao resultar determinante na orientación dunha futura carreira profesional.

É necesario coñecer as posiblidades que ofrece o mercado de traballo e establecer obxectivos claros e viables que nos leven á súa consecución.

Ao longo deste apartado poderás encontrar información das posibilidades que se ofrecen dende diferentes institucións, organizacións ou entidades para completar unha formación adecuada e obter unha experiencia práctica que acerque ás máis novas e novos ao mundo do traballo.

Pretende esta páxina servir de apoio, polo tanto, aos que están á procura dun posto no mercado de traballo, abordando diferentes procedementos e informando de recursos e servizos de interese mediante ligazóns a webs informativas relacionadas coa busca de emprego.

 

 


 

 

 


 

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar