A Rede Galega de Centros Xuvenís precisa voluntarios e voluntarias para os Espazos Xoves

Versión para impresoraEnviar a un amigo
dac4a2202dca5418d7b92d2250137577_L_2.preview.jpg

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ten en marcha un programa de voluntariado nos Espazos Xove da Rede Galega de Centros Xuvenís para persoas maiores de 18 anos, co que pretende fomentar a participación e solidariedade entre a poboación, adquirir unha formación non formal no ámbito das actividades formativas.

Neste programa poderanse realizar tarefas como

  1. Colaborar na elaboración e dinamización da información xuvenil nos Institutos, centros culturais, parroquias e concellos que abrangue o Espazo Xove.
  2. Colaborar nas actividades organizadas polo Espazo Xove.
  3. Propoñer actuacións para desenvolver nos espazos que redunden en benefício da mocidade da zona.
  4. Colaborar e propoñer actividades que fomenten a participación e a creatividade.
  5. Colaborar na organización de obradoiros , actividades de solidariedade, campañas informativas, etc...
  6. Colaborar e propoñer todas aquelas iniciativas que sexan de interese para a xuventude e que redunden nunha mellora dos servizos que ofrecen e poidan ofrecer os Espazos Xove.

Con estas tarefas, preténdese que os voluntarios adquiran experiencia non ámbito xuvenil, na organización, xestión....

Ao acabar coa colaboración nestes espazos, os voluntarios recibirán o certificado da Dirección Xeral de Xuventude,  que acreditará a experiencia no programa.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar