A Praza da Gándara acollerá un torneo de Street Basket 3x3 onde poderán participar tódol@s moz@s de Narón

Versión para impresoraEnviar a un amigo

Data: 13 de setembro

Lugar: Praza da Gándara( oito pistas inchables)

Descrición:

A organización establece catro categorías, en función da idade dos participantes: kids (nacidos a partires do ano 97), rookies (nacidos entre o 95 e o 96), young stars (nacidos entre o 93 e o 94) e stars (nacidos ata o 92). Cada equipo estará formado por tres xogadores (torneo 3x3) e o xogo –cunha única canasta- terá unha duración de 10 minutos ou rematará cando un equipo chegue ós 16 puntos.

Inscricións:

As inscripcións poderán realizarse por correo electrónico (geral@streetbasketsportzone.com), na tenda da firma deportiva ubicada en Odeón, na agrupación deportiva Santiago Apóstol, no Clube Baloncesto Narón, e nos colexios do municipio, onde haberá información específica sobre o torneo de 3x3. Tamén se admitirán as inscripcións feitas o mesmo día do torneo, ás 9 da mañá. O evento comenzará ás 10:00 horas.

Máis información:

Os interesados poden recabar tódala información no seguinte enderezo web: www.streetbasketsportzone.com

 

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar