Luis Eduardo Aute estará no Pazo da Cultura de Narón
O Concello presentou onte a programación para o primeiro trimestre do 2010 onde destaca a actuación de Luis Eduardo Aute. Entre as actuacións destacadas nos próximos meses encontrámonos co musical The world of ABBA ou a obra de teatro xestual Infinita da compañÃa alemana Familie Flöz, unha das mellores do mundo nesta especialidade.
O alcalde Xosé Manuel Blanco, tamén presentou un novo espazo dentro do Pazo da Cultura reservado para os xéneros menores, para ese tipo de representacións que perden sentido ante un auditorio de cerca dun milleiro de espectadores: o Café Teatro. O recinto estrenará o xoves un rincón multifuncional destinado, segundo explicou onte o alcalde "para as obras máis intimistas", enfocado cara os monólogos e o cabaret.
Poderá funcionar como cafeterÃa nas actuacións que se presten "para tomar unha copa" e noutras permitirá dispoñer dun escenario máis recollido que o principal destas instalacións.
O músico e humorista Riki López será o encargado de abrir ao público o Café-Teatro o próximo xoves, dÃa 14 de xaneiro. Traerá ata Narón o espectáculo la Buenrrollitina, unha comedia que se desenvolve, durante máis dunha hora e media, en torno a un dos temas que máis preocupan ao ser humano: a felicidade. Será o pistoletazo de saÃda para este novo espazo dentro do Pazo da Cultura.


Concello de Narón