Construcción do skatepark de Narón

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Imaxe do skatepark de Narón

Construción do skatepark de Naron sobre unha superficie de aprox. 30x20m. Trátase dun atractivo skatepark deseñado para usuarios de todos os niveis, desde skaters ata rollers e bikers, onde poderán realizar os seus mellores trucos. Os módulos que forman os diferentes elementos do skatepark son de formigón polimérico da mellor calidade. O deseño consiste nunha liña de dúas Quarters de 1,6m e outros dous de 1,2 m de altura que impulsan ao patinador sobre un Curb-Ditch cun Fun-Box no medio que ofrece múltiples posibilidades para realizar trucos e un divertido Rail para grindar nun dos laterais. No outro extremo, para completar o circuíto, montarase un Table-Bank formado por planos inclinados de 1,6 m de altura.

Lugar: Casa da mocidade da Gándara

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar