A Concellería de Mocidade incorpora as redes sociais a súa páxina web
A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de ampliar a oferta de servizos do portal web www.dameuntoke.es. Así, este enderezo incorpora ao seu abano de servizos tres novas ferramentas de comunicación social: as redes de Facebook, Twitter, e Tuenti.
O obxetivo é manter un diálogo máis fluido coas preocupacións e intereses dos mozos e mozas do Concello. Ademáis, dameuntoke.es tamén incorpora como novidade un sistema de información actualizada diariamente que permitirá á mocidade de Narón e bisbarra coñecer as diferentes axudas económicas, becas formativas, cursos, concursos, programación cultural e ata artigos que poidan ser do seu interese.
Na actualidade, esta páxina web supera xa as 4.500 visitas dende a súa creación, en abril de 2009. Nestes momentos, o portal conta con información actualizada e especializada sobre emprego, vivenda, educación, medioambiente, saúde ou ocio, tratando temáticas como os recursos activos de emprego, a renda de emancipación, programas de vivenda en aluguer, bolsas e becas formativas, nutrición, sexualidade ou actividades de medioambiente.
Finalmente, a Concelleira de Mocidade apostou por continuar “intensificando os esforzos do Concello por ofrecer a mellor información á nosa mocidade”.

Concello de Narón