Ampliación do prazo de solicitudes da convocatoria aberta para o proxecto formativo "Mocidade Narón Activa 4.0"

Versión para impresoraEnviar a un amigo
Sdweb_Ferrol_naval.jpg

Proxecto formativo: Curso de soldadura TIG e MIG.

Destinatarios/as: desempregados/as empadroados/as no Concello de Narón, maiores de 16 e menores de 30 anos e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
O requisito do empadroamento será verificado o último día do prazo de presentación de solicitudes e o da idade terá que cumprirse no primeiro día do curso.

Colectivos preferentes: desempregados/as de longa duración; de orixe estranxeira; con diversidade funcional; de etnia xitana.

Lugar de presentación de solicitudes: Rexistro Xeral do Concello de Narón, ou por calquera outro medio dos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Prazo de solicitudes: Desde o 11 de xuño ás 8:30 horas ata o 6 de xullo de 2018 ás 13:00 horas.

Formulario de solicitudes: Dispoñible no Rexistro Xeral e na Sede Electrónica do Concello de Narón.

Documentación a presentar coa solicitude: Certificado de inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (expedido polo Servizo Público de Emprego).

Selección do alumnado:

  1. Comprobación dos requisitos de acceso (fase eliminatoria).
  2. Baremación. Valorarase a pertenza a algún dos colectivos de preferencia (só se valorará a pertenza a un dos colectivos), a formación académica, a formación complementaria, a experiencia profesional e a antigüidade no desemprego, segundo os criterios que se acompañan.
  3. Entrevista personalizada. As persoas solicitantes serán chamadas telefonicamente para a realización da entrevista. As entrevistas poderanse iniciarse durante o prazo de solicitudes. 

    Documentación a presentar, no momento da entrevista:
    • Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego, DNI/NIE (ou similar).
    • Currículo Vitae.
    • Documentación que acredite o colectivo/s que pertence, de ser o caso:
    • Certificado do Servizo Público de Emprego (Desempregados/as de longa duración).
    • Documentación de Identidade (desempregados/as de orixe estranxeira).
    • Certificado de minusvalía Xunta de Galicia (desempregados/as con diversidade funcional).
    • Informe social (desempregados/as de etnia xitana).
  4. Proba de aptitude médica. O alumnado provisionalmente seleccionado, realizará obrigatoriamente un recoñecemento médico de balde (xestionado polo concello) no que deberá obter o resultado de  apto para ser finalmente admitido no curso. Se fora o caso de que algunhas destas persoas non superara o exame de saúde, serán substituídas polas persoas suplentes, seguindo a orde de valoración acadada.

Admitidos/as: Comunicarase telefonicamente a admisión aos participantes despois de superado o recoñecemento médico e antes do inicio do curso, sen prexuízo da notificación na forma elixida na solicitude. Ademais, publicarase no taboleiro de anuncios do Concello o listado valorado das persoas admitidas, suplentes e excluídas.

O alumnado seleccionado terá que comprometerse a cumprir as normas do itinerario formativo.

O concello resérvase a posibilidade de anular esta acción formativa no caso de que non se cubra o 90% da participación prevista.

Para máis información, contactar coas seguintes persoas do Servizo Sociocomunitario:
Angel Alvarez: 981 337 700, ext. 2602
Angela Lagoa: 981 337 700, ext. 1123
Margarita Fresnillo: 981 337 700, ext. 1120
Montse Garel: 981 337 700, ext. 1107
E na sección de servizos, formación e actividades municipais da páxina web do Concello.

Información detallada do proxecto formativo:

Código do curso: 008.

Denominación: Proxecto Formativo “Mocidade Narón Activa 4.0” (Curso de soldadura TIG e MIG).

Lugar de realización: Centro Municipal de Formación (A Gándara) e empresas de prácticas.

Número de participantes: 15, (12 homes e 3 mulleres).

Colectivos:    

  • 10 participantes desempregados de longa duración.
  • 3 participantes de orixe estranxeira.
  • 1 participante con diversidade funcional.
  • 1 participante de etnia xitana.
Módulos do itinerario profesional:
  • Curso básico de prevención de riscos laborais: 60 horas
  • Prevención de riscos laborais no sector naval: 8 horas
  • Medio ambiente no sector naval: 8 horas
  • Formación específica soldadura TIG e MIG: 400 horas
  • Inglés: 80 horas
  • Novas tecnoloxías de información e comunicación: 28 horas
  • Formación para a igualdade: 10 horas
  • Habilidades para a adaptación ao posto de traballo: 10 horas
  • Prácticas profesionais non laborais: 80 horas
Horas Totais: 684 horas.

Datas previstas: Agosto a novembro de 2018, en horario de mañá e tarde.

Información sobre os criterios de avaliación para a selección dos participantes:

Fase 1: Inscrición e comprobación dos requisitos de acceso (fase eliminatoria)

Fase 2: Baremación. Ata 25 puntos

  • Pertenza a algún dos colectivos descritos: 5 puntos. (só se puntúa a pertenza a un dos colectivos).
  • Formación académica. Ata un máximo 5 puntos.
  • Formación complementaria (nos últimos 5 anos). Ata un máximo 5 puntos.
  • Experiencia profesional demostrable. Ata un máximo 5 puntos.
  • Antigüidade actual no desemprego. Ata un máximo 5 puntos.

Fase 3.- Entrevista personalizada, máximo 35 puntos, que versará sobre os seguintes aspectos:

  • Coñecementos do sector profesional: Ata un máximo 5 puntos.
  • Adecuación ao perfil demandado polas empresas do sector. Ata un máximo 10 puntos.
  • Expectativas laborais. Ata un máximo 5 puntos.
  • Dispoñibilidade para cumprir con toda a execución do itinerario. Ata un máximo 5 puntos.
  • Valoración da actitude e motivación. Ata un máximo 10 puntos.

Fase 4: Proba de aptitude médica (fase eliminatoria)

 
Xunta de Galicia. Consellera de Traballo e Benestar